Feliz aninovo a tod@s!

Comezamos o ano cas actividades que máis nos gustan e con algunha que outra sorpresiña.

Dentro de pouco mudarémonos de local e para prepararnos comezaremos a facer todos os venres de xaneiro traxectos dende diferentes puntos de Vigo ata aí.

O primeiro sábado do ano comeza forte con moita troula e diversión achegarémonos ata Valadares para ver o fantástico certame de Rondallas. https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/certame-de-rondallas-de-valladares-vigo-21318.html

A semana seguinte teremos o primeiro xantar do ano cun menú que non vos decepcionará.

O luns 13 o elenco Xaruma seguirá ensaiando con Grupo de Teatro Xanela pola mañá.

Remataremos esta quenda cunhas actividades de estimulación cognitiva que vos impulsarán a coller este ano con forza e optimismo.

Por último queremos desexarvos unha felicísima entrada a este ano 2025.

Grazas por formar parte da nosa familia!