Bos días familias,
Está a terminar o verán e en Xaruma, decidimos celebrar o final das vacacións cun torneo de futbolín. Os nosos/as participantes non poden estar máis contentos.
Ademais para favorecer o desenvolvemento da expresión corporal e a creatividade, imos crear un lipdub. Preguntaredesvos, que é un lipdub? é un video no cal as persoas que participan nel, elaboran unha representación dunha canción.
Ademais seguimos con actividades como Natureza e saúde, onde os/as nosos/as participantes non paran de aprender cousas novas sobre os cultivos, a agricultura, a colleita, etc.
Tamén continua o proyecto ser, e a actividade alternativa de estimulación cognitiva.
Por último, informarvos que as mulleres participantes de Xaruma, van a recibir unha formación moi interesante: Mais coidados, menos patriarcado.
Un saúdo moi forte