Bos días familias, 

empezamos o mes de outubro con moita enerxía e ganas de aprender cousas novas. No calendario exponse actividades novas como a arte da reciclaxe, nela, os e as usuarias van aprender diferentes técnicas de reutilización de materiais para dar unha segunda vida aos obxectos.

Tamén empezamos unha nova actividade de teatro social, a cal está planificada polo IES de Chapela e por Xaruma. Este traballo en rede resulta moi interesante para os nosos/as usuarios/as xa que van estar en contacto con outros colectivos, dando lugar así a unha ampliación das relacións interpersoais positivas.

A maiores continuamos con actividades como taller artístico, proxecto ser, natureza e saúde, reprodución audiovisual e o Camiño de Santiago, o cal finaliza o sábado 9 coa chegada das nosas compañeiras/vola a Praza do Obradoiro.

Para terminar lembrarvos que o 10 de outubro é o día da Saúde mental e en Xaruma temos algunhas sorpresas preparadas.

Feliz semana.