Outubro é o mes da Saúde Mental e por ende o mes de Xaruma tamén.

Comezamos este marabilloso mes con falares de cine o mércores 1.

O xoves día 2 teremos a charla de teleasistencia dada por Cruz Vermella.

O venres día 3 volta teatro Xanela!!!! e pola tarde teremos obradoiro creativo.

O sábado 4 iremos de visita a exposición “Limiares acuosos”. https://hoxe.vigo.org/axenda/?id=2953&lang=cas

O día 10 de outubro reivindicaremos o Día da Saúde Mental.

O 11 de outubro iremos de visita ao xacemento arqueolóxico do Castro.