Xa comezou marzo, o mes da muller!

Este é o mes onde máis presente está a loita pola igualdade de xénero. Mais debe servirnos de exemplo para o resto do ano.

Comezamos o venres 1 de marzo cunha Charla sobre contaminación textil, que nos servirá de inspiración para próximas sesións de Obradoiro Artístico.

O sábado 2, poderemos disfrutar dun Documental sobre Historia, para coñecer un pouquiño mellor o noso pasado.

O luns 4, haberá Teatro e Grupo de Mulleres, pero tamén realizaremos unha Actividade especial polo 8m o mércores 6, de cara á manifestación que terá lugar o venres 8 de marzo.

Nesta data, Xaruma permanecerá pechado, xa que as traballadoras facemos folga. Poderedes realizar unha actividade autoxestionada nesta data.

O sábado 9, realizarase unha visita guiada por Vigo, da man dun guía turístico que nos vai resultar moi familiar.

Para rematar a quincena, o luns 11 volveremos desfrutar do Teatro, e o mércores 13 teremos As Cortes de Xaruma.

Vémonos en Xaruma!