Bos días queridas familias!
Hoxe presentámosvos as actividades da primeira quincena de marzo, un mes moi especial para Xaruma. Esta quincena vén cargada de moito amor, coidamos e compañeirismo.
O motivo é o 8 de marzo o día da muller. Para celebrar e visibilizar a importancia do día, as e os participantes realizaran ao longo de toda a semana diferentes actividades sobre a temática.
A maiores, está a realizarse unha performance na cal as e os protagonistas somos a familia que forma Xaruma. Publicarase no facebook o luns 8. Esperamos que vos guste.
Para terminar lembrarvos que o luns 8 de marzo non hai actividades co motivo de apoiar a folga xeral.
Un saúdo moi forte.