Bos días familias,
presentámosvos as actividades da primeira quincena de maio. A nova quincena trae novas experiencias para os/as participantes, tanto de estimulación cognitiva como de estimulación física.
Ademais aproveitando os días de sol, a escola de Xaruma ofrece saídas por Vigo, o que permite descubrir novos espazos e compartir momentos divertidos coas nosas amizades.
Tede unha boa semana