Ola, ola, xarumeir@s!
Comezamos o mes celebrando o día do traballador, facendo unha actividade moi chula polo Náutico de Vigo.
O venres 2 de maio faremos a desexada visita á Asociación Évame Oroza https://evame.org/ .
O sábado 3 visitaremos o “Mercado Reciclado”.
Seguiremos o luns día 5 con teatro https://xaruma.org/grupo-de-teatro-xanela/ pola mañá e psicomotricidade pola tarde.
O martes 6 farase unha actividade especial, iremos de paseo a Monforte e tamén haberá actividade de Natureza e Saúde.
O mércores 7 teremos o habitual Xantares e pola tarde Falares de cine.
O xoves 8…. paseo e festexo! e o venres 9 seguimos de celebración xa que imos a Festa da Brincadeira en Bouzas.
O sábado 10 deleitarémonos con múltiples poesías no Festival de poesía da Fundación Sales
O luns 12 haberá Teatro pola mañá e pola tarde Cortes de Xaruma, Faladoiro de actualidade e xogos de mesa.
O martes 13 natureza e saúde e o mércores 14 haberá RESPIRATEIS ademáis de xantares e mulleres en acción.
O xoves 15 teremos Natureza e saúde e mulleres en acción.