E comeza un novo mes… FEBREIRO!! Continuamos coas actividades de Teatro Social, Psicomotricidade, Proxecto Ser, Estimulación Cognitiva, Natureza e Saúde e os Obradoiros Artísticos.
Como nova, a partir deste mes, retomamos cada quince días os “Xantares: da horta á cociña” e nesta quenda tocará o día 9 (haberá aforo de persoas polo que non esquezades que a participación é previa inscrición).
Outra nova é que o día 5 temos unha exposición no Café Uf (na rúa do Pracer, 19) onde amosaremos as peciñas artísticas que estivemos creando durante o ano 2021. A inauguración oficial será ás 19:00h.
Esperámosvos!!