“Cando chove por febreiro, todo o ano é temporeiro”
Comeza febreiro con gran variedade de actividades para non quedarnos en casa e amenizarnos así TODAS as tardes!
Costura, dinámicas teatrais, escritura, natureza, estimulación cognitiva, radio, deporte light,… Ademáis, teremos “Xantar Xaruma” o primeiro día do mes seguido dunha tarde deportiva e relaxada na piscina de Lavadores.
En canto aos “Venres Abertos“, comezamos coas Cine Sessions o día 7 coa proxección e posterior debate de “O taxista ful” e arrincamos tamén o Campionato de Dardos o día 14.
ESPERÁMOSVOS!