Ola familia,
Como empezou o voso mes de decembro? En Xaruma planificamos un final de ano diferente e sobre todo divertido, para que todos e todas podamos gozar de momentos inesquecibles.
Os e as participantes de Xaruma van poder gozar dun taller de cómic, no que ademais de coñecer e gozar dun tipo de lectura diferente, van poder aprender a elaborar historias con esta disciplina artística.
A actividade de CreArte continua ao longo do mes de decembro para favorecer o desenvolvemento da expresión oral e artístico das persoas participantes.
En natureza e saúde tocounos a lotería, a oliveira de Xaruma está repleta de olivas este ano. Temos unha gran colleita e sobre todo unha gran oportunidade para aprender a traballar este marabilloso produto.
En Proxecto Ser os/as participantes continúan as aprendizaxes de técnicas de relaxación e respiración, as cales favorecen o gozar do aquí e o agora.
A gran sorpresa deste mes é a saída do luns 13 de decembro para ver a iluminación de Nadal da cidade, ademais de gozar da feira e os diferentes espazos que ten a cidade nestas datas.
Por último comentarvos con tempo que o luns 20 de decembro imos realizar unha excursión a Santiago de Compostela, para así gozar dun fin de ano diferente e cheo de recordos.
Un abrazo
Que teñades unha boa semana