Comeza decembro!!!

Estreamos os luns con merendas saudables; tardes nas que teremos tempo para prepararnos un “break” nutritivo, rico e variado. Arrincamos co luns 2 de decembro. Tamén seguimos coas nosas actividades favoritas como Radio, Entre Nós, Estimulación Cognitiva, Torneos de xogos de mesa, Mindfulness…

O día 6 é festivo pero Xaruma abrirá as súas portas e aproveitaremos para darlle un toque de Nadal ao noso local.

A fin de semana do 14 -15, faremos respiro no Baixo Miño!
A que esperades?!