Xa estamos en xuño! Momento de sacar as lentes de sol para desfrutar das actividades ao aire libre con Xaruma.
Os sábados desta quenda desfrutaremos de diferentes saídas durante toda a xornada con diferentes temáticas:
O sábado 1 temos ruta medioambiental, o sábado 8 ruta deportiva e cultural, e o sábado 15 ruta artística.
A duración e lugar de quedada destas actividades confirmaranse días antes a través de circulares e información colgada no taboleiro. Bótalle un ollo!
Durante as semanas, comezamos o mes visitando a Exposición de ‘Embárriate Teis‘ o martes 4 de xuño, na que se expoñerán as obras de arte realizadas xunto á Fundación Santa Cruz.
Tamén destaca especialmente o Debut do noso grupo de teatro Xanela, que actuará no IES de Chapela o venres 7 ás 19.30. Toda a comunidade está convidada a desfrutar da arte na nosa compaña.
Para rematar a quenda, o Grupo de mulleres acudirá o martes 11 de xuño a un Faladoiro sobre a Mediciña da diferenza na Casa das Mulleres.
Anímaste? Vémonos en Xaruma.