“Se San Antonio preséntase fresco e nubrado, daquela San Juan será caloroso e despexado”
Velaquí unha morea de actividades para pasar as tardes deste caloroso e primaveral mes de maneira amena e en boa compaña.
A actividade de cociña “Xantares: da horta á cociña“, tocará o día 1 en horario de 12:00h ás 16:00h; lembrade inscribirvos no taboleiro da entidade. Seguimos tamén con Estimulación Cognitiva, Xadrez, Radio, Natureza, Lectura colectiva, Informática, Psicomotricidade, Obradoiro Artístico, …actividades variadas para cada día.
Como novas, virá o alumnado do Colexio Mendiño a ofrecernos unha formación de Primeiros Auxilios o mércores día 8 e a estrea da esperada obra de Teatro d@s “Xanela”, o vindeiro venres 3 ás 19:30h no Multiusos Piñeiral do Crego (Chapela); grupo creado con participantes da asociación, alumnado do FP de Atención a persoas en situación de dependencia do IES Chapela e alumnado e profesorado da Escola Superior de Arte Dramático.
Esperámosvos!