Xa comeza o mes de xullo e, con el, unha quenda especial en Xaruma.
Polo que a gran novidade desta quenda é que todos os días temos actividade de Xantares: da horta á cociña.
Esta actividade consiste en adquirir autonomía na cociña elaborando un menú e levándoo a cabo. Para despois desfrutar da comida realizada.
Comezamos a semana coa actividade de Falares de cine o martes 2 de xullo, qué películas vos gustaría ver?
O sábado 6 realizaremos un paseo pola zona de Teis, quedando para o mesmo na porta do Local Xaruma.
Durante a segunda semana de xullo temos Faladoiro de Actualidade o luns 8, para poñernos ao día das novas da contorna.
Así como Cortes de Xaruma o mércores 10, onde poderemos compartir que nos gustou máis e menos deste mes.
Para rematar a quenda, o sábado 13 acudiremos ao Vigo Sea Fest, nos xardíns do Elduayen para desfrutar da gastronomía e a música da terriña.
Ademais durante este mes comeza a levarse a cabo o noso respiro de verán.
Vémonos en Xaruma!