“Un ratiño ao sol e outro á sombra, para pasar xullo da forma máis cómoda”

Comezamos mes novo con diversas actividades para aproveitar estes días de xullo. Seguimos coas actividades de sempre como Estimulación Cognitiva, Xadrez, Natureza e Saúde, Informática, Psicomotricidade, Obradoiro Artístico, … un mix para todos os gustos! 

venres día 1 imos de saída ao IFEVI á Feira Vegana (horario habitual, de 17:00h ás 20:00h). O mércores 6 tocará a actividade de cociña “Xantares: da horta á cociña“ en horario de 12:00h ás 16:00h (previa inscrición no taboleiro da entidade). O sábado día 9 visitaremos o Vigo Seafest e faremos unha ruta en barco; quedada ás 16:00h na entrada do Teatro de García Barbón.

venres 8 haberá unha xuntanza de familias en horario de tarde, a partir das 17:30h

A que esperades? Animádevos!