Aquí está a primeira quenda do mes de xullo!

Este mes se priorizarán as actividades ao aire libre, aproveitando o bo tempo.
Como tamén se inician os respiros de verán, (convivencia e autonomía para as participantes no piso de actividades de Xaruma) as actividades rematan ás 19:30h.
Algo a destacar é que o día 15 de xullo contaremos cunha invitada especial dunha asociación que traballa con persoas migrantes, para traballar os prexuizos e o estigma cara este colectivo.
Calquera dúbida ou cuestión, contactade para o que precisedes.

Esperámosvos!