Feliz 2024 Xarumeiras e Xarumeiros!!

Coa entrada do novo ano, Xaruma trae un montón de actividades para empezalo de boa gana.

Nesta primeira quenda de Xaneiro, a primeira semana desfrutaremos dunha Tarde de Exposicións o mércores 3.

O xoves día 4 permaneceremos pechadas por organización interna, pero animámosvos a dar un Paseo Autoxestionado coas vosas compañeiras e cos vosos compañeiros de Xaruma.

Pero voltamos cargadas o venres 5 de xaneiro, que visitaremos a Cabalgata de Chapela antes do Día de Reis, o 6 de xaneiro, cando Xaruma permanecerá pechada.

Para seguir, o xoves 11 unha profesional da saúde impartirá unha Charla sobre Nutrición Saudable, á cal poderán asistir todas as persoas achegadas a Xaruma: participantes, familias, comunidade, voluntarios e voluntarias.

E para rematar coa quincena, o luns 15 desfrutaremos dunha visita do IES de Chapela no noso local.