Vai rematando o verán… pero ainda queda un chisco!
Na primeira quenda de setembro comezamos acudindo á Riouxa para pasear e xogar á petanca o luns día 2.
O xoves 5 chega coa actividade máis desexada do ano:
Redoble de tambores…. A visita a Cíes! Este día a actividade terá lugar todo o día e as persoas que acodan deben levar algo para xantar.
O sábado 7 voltaremos a pasear por Teis para facer diferentes xogos na Riouxa.
Ademais, durante esa fin de semana de setembro tamén terá lugar o primeiro Respira Naturalmente de setembro.
A seguinte semana comezamos activos e activas facendo psicomotricidade polas zonas verdes de Teis o luns 9.
Ademais, desfrutaremos dunha peli en Falares de Cine o mércores 11, cal vos apetece ver?
Para rematar a quenda, o venres 13 visitaremos a exposición de Fogares con Cor no Centro Comercial Travesía, na que participamos anteriormente.
Este día ademais realizarase no Centro Comercial unha actividade de manualidades cas persoas que asistan.
Para rematar, o sábado 14 acudiremos a “Móllate pola esclerose“, actividade organizada por Avempo para recadar fondos para o tratamento desta actividade.
Cal é a actividade que máis te apetece? Cales queres ver na seguinte quenda de setembro?
Vémonos en Xaruma!