“Bo tempo en setembro, mellor en decembro”

Inicia setembro, mes de cambios e de volta á rutina. Nova quenda; actividades variadas en Xaruma, no piso, ao exterior…para todos os gustos. O mércores 6 haberá actividade de “Xantares: da horta á cociña”, en horario de 12:00h ás 16:00h e o día 13, pasaremos a xornada en Cíes.  

Lembrade que tanto as actividades dos xantares como as dos sábados hai que anotarse previamente no taboleiro de Xaruma.

Botade unha ollada a todas as actividades e animádevos a participar!