Remata o verán e comeza un novo mes… setembro!!

Comezamos mes novo con diversas actividades. Seguimos coas actividades de sempre como Estimulación Cognitiva, Natureza e Saúde, Informática, Psicomotricidade, Obradoiro Artístico, … pero temos unha nova incorporación: O obradoiro de Tai-chi que comezará o venres día 9 en horario de 17:00h ás 19:00h.

O sábado día 10 achegarémonos á Festa Veciñal: “Teis Fest“, que terá lugar na praza da Etea.

O martes día 13 terá lugar un envento chamado: “Fiando Redes” en horario de 16:30h ás 19:30h.

O mércores 14 tocará a actividade de cociña “Xantares: da horta á cociña“ en horario de 12:00h ás 16:00h (previa inscrición no taboleiro da entidade).

A que esperades? Animádevos!