Aquí está a primeira quenda do mes de outubro, mes no que conmemoramos o Día Da Saúde Mental, reivindicando a súa importancia na nosa sociedade e a necesidade de construír espazos de respecto e inclusión (10 de outubro).
Este sábado 3, acudiremos a unha obra de teatro na Asociación de Veciños Monte da Mina, despois dun paseo polo parque de Castrelos.
O 5 de outubro volve a compañía Xanela coa actividade de teatro, actividade tan querida por todas nós. Animádevos a participar tanto se xa o probastes como se é a vosa primeira vez!
Este mesmo día comezamos coa actividade de Coidados e Masculinidades onde se impartirán diversas sesións ao longo do mes sobre igualdade.
O 7 de outubro, continuaremos impartindo formación sobre novas tecnoloxías para ampliar os nosos coñecementos nesta materia.
Por último, o 12 de outubro aínda que é festivo, haberá actividade de cine en Xaruma, para os que vos apeteza pasar un ratiño do día connosco.


Animádevos a participar!