Xa estamos en outubro, xa estamos no noso mes: o mes da saúde mental!

Comezamos o mes seguindo coa actividade de Coidados e Masculinidades o xoves 3 de outubro.

O venres 4, comezamos co Campionato de Futbolín un ano máis.

Quen será desta vez o rei ou raíña da pista?

O sábado 5 temos actividades para tódolos gustos: ben podes escoller facer a Andaina polo Rio Eifonso, coma un paseo polo casco vello de Vigo. Ti decides si prefires a natureza ou o asfalto para esta finde.

O luns día 7 e o mércores 9 levaremos a cabo os preparativos para o día da Saúde Mental.

O xoves 10, día da Saúde Mental, realizaremos unha concentración de 19.00h a 20.00h na rúa Príncipe de acordo co lema deste ano: “Traballo e Saúde Mental, un vínculo fundamental”.

Este día, recorda ver vestido ou vestida de negro e informa ás persoas achegadas para que nos acompañen nesta xornada!

E para ir rematando a quenda, o sábado 12 de outubro iremos a ver un Partido de Volley do Xuvenís de Teis, formando parte activa do barrio que viu crecer a Xaruma.

Vémonos nas actividades!