Novembro, ditoso mes… comeza con Santos e remata co San Andrés!
Comezamos o mes celebrando o día de Todos os Santos, 1 de novembro, cunha Merenda de Samaín no piso de Xaruma.
O sábado 2, sacamos a estirar as pernas cunha Ruta guiada pola cidade de Vigo mentres dura o bo tempiño.
O luns día 4, o noso elenco seguirá ensaiando na actividade de Teatro Xanela.
Neste mes, ademais, comeza o noso curso de Sementando Habilidades.
Neste curso, fomentaremos as habilidades sociais a través de diferentes actividades dentro da programación habitual da Asociación.
Neste marco, os mércores 6 e 13 gozaremos dunhas actividades de Estimulación Cognitiva centradas en adestrar as nosas habilidades sociais.
O día 8, se o tempo o permite, desfrutaremos dunha festa de Magosto no Barrio das Flores ca nosa comunidade.
O sábado 9, para descansar un pouquiño, desfrutaremos dunha sesión de cine e arte con flocos de millo para petiscar.
Seguindo con este curso, o venres 15 pasaremos a tarde no parque da Riouxa xogando á Petanca en equipos.
Ademais, ese venres tamén terá lugar o Grupo de mulleres.
Tedes ganas de comezar o mes?
Vémonos en Xaruma!