“As mañás de maio, as mellores do ano“
E xa chegou maio!!
Radio, Natureza e Saúde, Informática, Psicomotricidade, Teatro Social, Obradoiro Artístico, Estimulación Cognitiva, Reprodución audiovisual, Mindfulness e Autocoidado, Xadrez, Guitarra…mirade cantas actividades traemos esta quenda!
Despois duns días de parón, voltamos con Teatro Social este 2 de maio. A actividade de cociña “Xantares: da horta á cociña“, tocará o día 4 en horario de 12:00h ás 16:00h; lembrade inscribirvos dado que seguimos con aforo de participación.
Xadrez serán os mércores de 17:00h ás 18:15h aproximadamente e Radio o xoves 13 en horario de 17:00h ás 19:00h, para aquelas persoas que están inscritas nestas actividades. Guitarra, que comeza este venres 6, será en horario de 19:00 ás 20:00h.
Os días de Natureza e Saúde (martes 10 e xoves 12) prepararemos os Maios!!
Este mes, tamén teremos un obradoiro chulísimo de Escrita Creativa. Nesta quenda será o día 11 de 17:00h ás 18:15h.
Xaruma permanecerá pechada o vindeiro 5.
Esperámosvos!