Listos e listas para subir ao rocho e quitarlle o pó aos disfraces? Xa estamos no mes do Entroido!
Comezamos este mes tan activo con diferentes actividades para os sábados: O día 3, visitaremos a Fundación Laxeiro, e pararemos no Diversum café a descansar e coñecer o espazo; e o sábado 10, faremos unha Xincana interactiva pola cidade, coñecendo algunhas curiosidades de Vigo e respostando a algunhas cuestións sobre a cidade, coñécela ben?
Pola semana, a actividade de Teatro terá lugar o luns día 5, e o venres 9, gozaremos dunha Festa de Entroido, onde ensinaremos ao resto de traballadoras, voluntarias e voluntarios, e familias, o que estamos argallando nos obradoiros artísticos. Tamén bailaremos, cantaremos, e sacaremos algunha fotiño no photocall. Non é requisito disfrazarse, pero si pasalo ben!
Na última semana realizaremos moitas actividades no piso de Xaruma, entre elas, unhas Larpeiradas de Entroido o martes 13 coa súa posterior degustación. E para rematar a quenda, o mércores 14 realizaremos unha visita ao Verbum, para entrenar o cerebro con curiosidades sobre a linguaxe.
Esperámosvos en Xaruma!