Xa comeza decembro e as panxoliñas de Nadal están á volta da esquina!

Comezamos decembro cun faladoiro de actualidade e xogos de mesa o luns 2 de decembro.

O mércores 4 despedímonos dalgunhas das traballadoras que nos acompañaron este ano ao ritmo dun Karaoke.

O día 5, desfrutaremos dunha sesión cinematográfica con Falares de Cine.

E desfrutaremos do festivo, venres 6 de decembro, ao quentiño que se está no piso de Xaruma facendo unha decoración navideña e desfrutando dun bingo musical.

Para rematar esta semana, o sábado 7 faremos un tour polo alumeado de Vigo.

O elenco de Xaruma, seguirá ensaiando con Teatro Xanela o luns 9 pola mañá.

Para sentir o Nadal un pouquiño máis preto, o martes 10 realizaremos a Decoración de Nadal do local Xaruma. Que xa imos tarde en comparación ao resto de Vigo!

E o venres 13, visitaremos as mostras de Arte Contemporáneo (VARCO) que se atopan no Auditorio Mar de Vigo.

Para rematar a quenda, o sábado 14 de decembro visitaremos os mercados de Nadal e poderemos pasear polo porto de Vigo.

Xa sintes o espírito do Nadal?

Vémonos en Xaruma!