Comeza un novo mes: A G O S T O

Velaquí un variado de actividades nas que participar. Nesta quenda, por mor de que haberá convivencia no piso, as actividades da primeira semana rematarán ás 19:30h e ofertaremos a actividade de “Xantares: da horta á cociña” de luns a venres, sempre con inscricións previa (a ser posible 2-3 días antes). Visitaremos a Cidade da Cultura para ver unha exposición “Voces olvidadas. Las mujeres del Hospital de Conxo”, Cangas ou Tui.

Lembrade que o martes 15 é festivo pero haberá actividade.

Botádelle un ollo a quenda e vide a participar!