“Lúa de agosto, refresca o rostro”
Comeza outro novo mes cargadiño de oportunidades e de actividades variadas.
O día 5, poderemos volver a desfrutar do Museo Liste, esta vez cun xogo de pistas… seguro que o misterio será resolto!
O día 8, retomaremos as Andainas Verdes, onde as nosas pegadas estarán acompañadas polas fermosas paisaxes existentes nos tramos de Cangas – Nerga/Nerga-Cangas.
O día 15 é festivo, pero en Xaruma teremos actividades para dar e tomar; anímate!
Unha nova máis para este mes é que comezamos cos “Días en Xaruma“. Días á semana onde as actividades serán de 11:00h a 20:00h, cheas de contidos interesantes, saudables xantares e moi bo roio. Comezamos este mércores 5 e estamos a esperar por ti! Se che interesa, anótate con antelación.
Para calquera dúbida ou cuestión, estes son os teléfonos que están á vosa disposición:
Luns a venres: 11:00h – 14:00h / 16:00h – 17:30h
698 142 158 – 986 127 949