“A auga de abril enche o carro e o carril”
Comeza novo mes e nova quenda: a primeira de abril!
Nesta quenda, a actividade de cociña “Xantares: da horta á cociña“, tocará o día 6 en horario de 12:00h ás 16:00h; lembrade inscribirvos dado que hai aforo de participación.
O día 2, haberá unha nova andaina para pasar unha xornada estupenda! (previa inscrición). O día 8, acompañaranos Raquel, futura hixienista bucodental para ofrecernos unhas sesións de prevención e formación bucodental (para este día sería necesario traer o noso cepillo de dentes). Os días 14 e 15 son festivos pero seguiremos tendo actividades. Animádevos a participar!
Por outra banda, lembrade tamén que o día 2 haberá a Asemblea Xeral de Xaruma a partir das 18:30h no local Xaruma e é importante a participación de persoas socias. Rógase confirmación.
Esperámosvos!!