Boas a tod@s!
O refrán di que en abril augas mil pero tivemos sorte e comezamos o mes cun tempo estupendo, e o acompañaremos de actividades todavía mellores!.
Comezamos o día 1, martes, cas actividades habituais de natureza e obradoiro creativo.
O mércores 2 e o xoves 3 teremos, coma sempre: xantares, estimulación, mulleres en acción, natureza e obradoiro creativo.
O venres 4 iremos de visita á exposición “Paisaxe interior” https://amovida.gal/events/paisaxe-interior/
Remataremos a semana o sábado 5 con xogos no piso e despois teremos a Asamblea de Xaruma
A semana do 7 comeza ca actividade de teatro https://xaruma.org/grupo-de-teatro-xanela/
O mércores 9, temos unha actividade especial, o Campo de Voluntariado.
O venres 11 iremos ata Redondela para ver a nosa escultura do Altrilixo.
Remataremos esta semana, cunha visita cultural o sábado 12, á Fundación Barrié de la Maza.
O luns 14 e o martes 15 realizaranse as actividades de psicomotricidade e natureza e saúde e obradoiro creativo.