¿Autoestima baixa? ¿autoestima alta? Non se trata de saber a medida exacta senón de saber como nos sentimos vivindo na nosa pel, que tan cerca ou lonxe nos sentimos de nós mesmas.
¿É posible establecer vínculos de afecto e boa convivencia con amizades, parella, familia, compañeiras/os de traballo se vivimos sentíndonos lonxe de nós mesmas?

Este obradoiro, destinado a mulleres coidadoras, quere facilitar ás mulleres unha experiencia educativa de xogo para o autodescubrimento, reforzando a autoestima.

Dará comezo o 14 de setembro, levándose a cabo os martes e xoves de 18:00h a 19:00h de maneira telemática. ¿QUE SE PRECISA? O formato do curso require un espazo de intimidade e acceso a internet a través dun ordenador, tablet ou móbil que teñan cámara para poder verse, dado que o curso se facilitará ao grupo mediante a plataforma de videoconferencia Zoom.

Abordaranse os seguintes contidos:

Módulo 1. AUTOESTIMA

  • Fundamentos básicos.
  • Cerca e lonxe de ti.

Módulo 2. VIVIR AQUÍ E AGORA

  • Quen son aquí e agora.
  • Tomar consciencia do propio corpo.

Módulo 3. DARSE CONTA

  • Sentir. Xogar. Vivenciar.
  • Exercicios e experimentos gestálticos.

Módulo 4. COMUNICACIÓN INTERIOR

  • O ciclo da satisfacción.
  • Cales son as miñas necesidades.

Módulo 5. COMUNICACIÓN CON OUTRAS PERSOAS

  • Contacto. Retirada.
  • Encontro e responsabilidade

Impartido por Pilar Lorenzo Represas.

Se queres máis información sobre este curso, chama ao 698 175 266 ou escríbenos ao etlxaruma@gmail.com

Formación sen custe para as persoas participantes. Actividade subvencionada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.