Qué é a psicoeducación?
Os obxectivos da psicoeducación son promover o coñecemento sobre a saúde mental, fomentando o autocuidado e as habilidades emocionais. Esto terá como consecuencia a reducción do estigma asociado aos trastornos mentais, mellorarando a comunicación e as relacións interpersoais.
Sensibilización e estigma
Os prexuízos xeran actitudes de rexeitamento, illamento e discriminación. O estigma ten como consecuencia a perda de oportunidades en moitos aspectos da vida, dificulta o exercicio efectivo dos dereitos das persoas con enfermidade mental e causa sufrimento aos afectados e as súas familias. Para facerlle fronte é necesaria un labor de sensibilización social sostida no tempo.
Cales son os nosos obxetivos?
- Promover a autonomía persoal en saúde mental
- Apoiar ás participantes e familias da entidade fomentando a integración na
comunidade. - Sensibilizar e incrementar os coñecementos sobre saúde mental e a súa prevención, desmontando prexuízos.
- Favorecer un enfoque de saúde comunitaria en comunitaria.
As nosas áreas de intervención son a formación, a integración social, a participación, o emprego, a normalizació lingüística e a igualdade.
A saúde mental nas tres dimensións
Todas as persoas temos dereito a poder vivir a vida en plenitude, tendo acceso a unha
boa saúde entendida en todas as súas dimensións (física, mental, emocional e
socioeconómica) ou de ser necesario, ter acceso a un tratamento axeitado tanto en saúde
física como psicolóxica. Aquí xoga un papel importante a prevención e o coñecemento
da saúde, xa que mellorará o benestar psicosocial e minimizará o uso de servizos
públicos.
Entender a saúde en todas as súas dimensións é responsabilidade nosa como sociedade,
contextualizándoa cunha perspectiva socioeducativa e coñecendo e aportando recursos e
solucións ás necesidades de saúde con perspectiva comunitaria, perspectiva de xénero e
de forma adaptada ás necesidades individuais de cada quen.
Existe unha necesidade de intervir de xeito máis especializado e integral na xestión da saúde mental en ámbitos escolares, coordinando a tríade de axentes implicados nos contextos educativos (alumando, profesorado e familias) e no sistema sanitario
Obradoiros prácticos
A achega significativa deste proxecto radica na súa capacidade para abordar unha
necesidade crítica na sociedade actual: a sensibilización e a promoción da consciencia
sobre saúde mental, desmontando mitos e prexuízos, reducindo así o estigma asociado
nos contextos educativos.
A proposta psicoeducativa que levamos desenvolvendo dende hai un tempo en Xaruma
por diferentes puntos do territorio galego é unha sesión práctica e lúdica que se
contextualiza dentro do paradigma de factores biopsicosociais, relacionados coa saúde e
baseada no modelo diáteses – estrés (Zubin & Spring, 1977).
Esta teoría psicolóxica explica a conduta e a posible aparición de trastornos mentais
como resultado da interacción do conxunto de factores: biolóxicos e xenéticos (innatos)
e as experiencias vitais psicolóxicas e sociais (adquiridas).
Teoría diátese-estrés
Dependendo dos acontecementos vitais, dos aprendizaxes adquiridos e da contorna social, a saúde mental dunha persoa oscila e modúlase atendendo a factores de protección e causantes de risco.
- Os factores de protección son aquelas circunstancias, características, condicións e
atributos que contribúen a ter unha mellor saúde e benestar
- Os factores de risco son aqueles que facilitan ou favorecen a aparición dunha
enfermidade.
A maiores destas esferas, debemos ter en conta a complexidade da propia natureza
humana de cara a explicar a aparición ou non dun trastorno mental. Polo que a proposta
poténciase poñendo en valor a parte preventiva e as posibles solucións e recursos
existentes, explicando a saúde mental sen necesidade de entrar na existencia ou non de
trastornos mentais.
A sesión realízase a través dun xogo dinámico onde as persoas participantes traballan en
grupos representando a catro personaxes, onde terán factores que
veñen de serie (factores biolóxicos) e outros factores adquiridos (factores ambientais).


Por outra parte, a intervención fai fincapé na consciencia e na xestión
do benestar propio a través dun libro de autocoidado traballando transversalmente o
tempo de lecer saudable. Tamén céntyrase na importancia de coñecer os recursos existentes tanto asociativos como de intervención.
Este proxecto de sensibilización levouse a cabo para a poboación xeral na cidade de Santiago de Compostela nesto outono,como pódese ver no seguinte enlace
Tamén tivemos intervención na comunidade educativa de Galicia durante este ano 2025, onde tivemos presencia como entidade nos seguintes espazos:
- CIFP Politécnico de Lugo
- IES Melide
- A Coruña
- Santiago
- Inventiva
- Pontevedra
Serve como unha ferramenta eficaz para promover unha cultura de coidado e de prevención na comunidade educativa.


















