A proposta pretende sonorizar o proxecto realizando unha canción para a Radio Escolar ademáis da gravación dun videoclip do obradoiro “Making off: A música está no aire”(*), coma lembranza para o Centro Escolar e para os nenos e nenas.
Na primeira sesión falaremos da historia da música conectando tradición con actualidade, apendendo os distintos xéneros musicais e as súas diferenzas e similitudes. Tamén reflexionaremos sobre a industria da música e as influencias que recibimos a través do que escoitamos para xenerar debate previo.
1. Rap e regueifas: Ensinaremos a escribir e rimar coma técnicas iniciais para crear unha canción grupal.
2. Acústica Básica: O grupo elixirá a base para a súa canción.
3. Composición da canción: Iniciaremos a creación colectiva sobre a base seguindo as pautas dos profesionais.
4. Home Studio: Que é, as súas partes e como funciona e técnicas básicas para principiantes que queiran iniciarse.
5. Gravación da canción grupal: Producción e masterización incluída.
6. Rodaxe do videoclip : Tomas do proceso creativo e diseño conxunto.
Grupos: Educación Primaria, E.S.O e Bacharelato
Número de participantes: Máximo 25
Duración: Dúas sesións de 50 minutos.
(*) Para a rodaxe do video “Making off: A música estáno aire” solicitaremos autorización previa do alumnado que queira participar.
Se queres máis información podes enviarnos unha mensaxe o correo electrónico de Radio Maruxa