Dende Xaruma queremos promover a formación de redes de apoio mutuo entre mulleres coidadoras de persoas dependentes e fomentar a corresponsabilidade de tarefas na práctica colectiva.

Este curso pretende ser unha ferramenta para mellorar a calidade de vida das coidadoras, prestando apoio emocional e axudándoas a minimizar problemáticas derivadas das tarefas dos coidados. O enfoque será dende unha perspectiva de xénero e de promoción da saúde mental.

A sesión partirá de dinámcas onde facilitaremos a iniciación ao autocoidado e autoestima de maneira integral. Ademais faremos entrega dun “Manual de Autoaxuda”, para traballar individualmente con nós mesmas e optar a información e actividades de:

-Xestión emocional

-Comunicación e Resolución de Conflitos

-Técnicas de intervención

-Técnicas de relaxación

-Creatividade e desafogo

Horario: Venres 25 de xuño de 16:00-19:00h

Prezo: 12€ socias/ 15€ non socias

Contacto: 698 142 158 / formacionxaruma@gmail.com

Non o dubides e forma parte desta experiencia que pretende ser un espazo seguro para ti e as túas necesidades. Non estás soa!