Continuamos coa volta do Camiño de Santiago. O vindeiro sábado 16 de xullo, faremos a 3ª etapa de volta do Camiño Portugués pola costa: Caldas de Reis – Pontevedra. Aproximadamente 23 Km nos que pasaremos a xornada rodeadas da mellor compañía que se poida ter, desfrutando dunha contorna espectacular e facendo algunha parada para contemplar os monumentos naturais e culturais que vaiamos atopando.