Ola Xarumeirxs!!
Como estades levando estás primeiras semana do novo ano? Agardamos que moi ben!
Por aquí voltamos a rutina, a cal nunca deixamos porque a saúde mental non se vai de vacacións. Así que as actividades desta quenda son as habituais, aínda que temos unha sorpresiña. Volta o Coro Xaruma!! O mércores 21 porémonos cantaríns antes de estimulación cognitiva, non vos esquezades de vir.
Tamén o seguinte mércores 28 haberá no Espazo Xaruma unha charla moi interesante sobre saúde podolóxica, anímadevos a vir! Outra nova importante e que imos ter o primeiro respiro deste ano do 23 ao 24 e durante este respiro haberá unha actividade na Piscina Municipal de Lavadores, así que non esquezades o bañador e a toalla ao facer a maleta!
Imos alo!


















