Ola Xarumeirxs!! Xa remata xaneiro, agardamos que fose un mes cheo de ilusión polos novos comezos e que nos proxecte con alegría cara o novo mes. Pola nosa parte continuamos coas actividades e temos algunha nova interesante para estes primeiros días de febreiro.
Para empezar comentarvos que xa temos en Xaruma os calendarios de 2026 e podedes pasarvos a preguntarnos por eles! Como xa saberedes, teñen un custo de 10 euros e pagaranse en efectivo.
Este mes tamén nos despedimos de Amparo, Paula R. e José, polo que o luns 2 de febreiro invitamosvos a unha pequena celebración para que reciban todo o voso agarimo. Ter en conta que ese día despois da celebración haberá ioga como é habitual así que traede roupa cómoda.
Estes dous primeiros sábados serán xornadas de voluntariado as que os animamos a acudir.
Polo demáis desexamos que tiverades un moi bo xaneiro e agardamos que febreiro sexa mellor incluso!


















