Xaruma naceu no ano 1996 como escola de tempo libre. Nese entonces, a educación no tempo libre apenas tiña lexislación e non estaba profesionalizada. A aparición das escolas de tempo libre supuxo un antes e un despois nas actividades de lecer da época, e a raíz delas, emerxeron moitos proxectos socioculturais e educativos que aínda perduran a día de hoxe. Queres coñecer 10 motivos polos que formarte en Xaruma?
Nacimos no 1996 como escola de tempo libre. Máis de 50 cursos e 1000 alumnos/as ás nosas costas. Imposible contar todas as persoas que dinamizamos culturalmente mediante os nosos proxectos.
Os/as docentes parten de diferentes disciplinas: maxisterio, educación e traballo social, psicoloxía, bioloxía, enfermería, INEF…
A nosa forma xurídica é entidade sen ánimo de lucro, isto é: todos os cartos que se ingresan, repercuten en proxectos sociais. Podes consultalos aquí.
Entrar nun novo mundo a veces fai que te sintas un pouco perdido/a. Ademais da disposición docente, temos titorías para enfocar a labor educativa e profesional.
Das cousas mellor valoradas! Durante o curso de MTL poderás executar un proxecto que porá a proba a túa capacidade como monitor/a. Programar, traballar en equipo, dinamizar, avaliar… Perfecto para poder mellorar de cara as prácticas.
A formación no tempo libre ten que permitir practicar os contidos que se van adquirindo. Cremos que a formación debe ser 100% presencial e práctica, para poder experimentar os retos do tempo libre.
O equipo docente actualiza a súa formación e traballou e traballa no sector, polo que pode achegar diversas realidades e perspectivas.
A educación no tempo libre é transformadora e cambia o mundo. Poden aprenderse un senfín de contidos e valores mediante a educación non formal.
Xaruma significa aroma, algo que queda. Nacimos coa idea de intervir na comunidade, polo que, incluso durante o curso, as nosas accións terán en conta esta premisa.
As prácticas xa é a inclusión no mundo laboral, pois delas pode derivar unha posible contratación. Entregamos un listado de posibles lugares e axudámosche a buscar un que encaixe contigo. Acompañamos durante o proceso.
Queres compartir os 10 motivos polos que formarte en Xaruma? Séguenos nas redes!