En Xaruma gústanos soñar!

Nós soñamos coa unión, coa comunidade, con risas, coa integración, coa tranquilidade… Soñamos coa igualdade na diferenza. E coa sociedade como canle.

Somos unha entidade de iniciativa social que leva dende 1997 realizando actividades de formación, dinamización comunitaria e integración do colectivo de saúde mental. As persoas son as que dan sentido a todos os proxectos. Actualmente levamos a cabo un programa que promove a integración socio-comunitaria de persoas con trastornos mentais, por medio da realización de actividades de animación sociocultural, apoio escolar, promoción social, educación para a saúde e para o medioambiente.

  • Ter máis de 16 anos.
  • Ganas de exercer o teu labor en beneficio da cidadanía.
  • Ter ganas de vivir unha experiencia diferente.
  • Ser unha persoa constante, con ilusión pola actividade a desenvolver.
  • Saber e/ou estar disposta a traballar en equipo.
  • Querer formarse sobre saúde mental.
  • Coñecer os valores, principios e traballos que se realizan.
  • Ser participativo/a tanto nas actividades como na vida asociativa.
  • Ter dipoñibilidade horaria para poder levar a cabo a súa acción voluntaria.
  • Traballo social con persoas con trastornos mentais e outros colectivos.
  • Un carné acreditativo no que se indique o teu labor.
  • Formación gratuíta e certificada en habilidades sociais, recursos, tempo libre… relacionada coas súa funcións.
  • Prioridade e facilidades para matricularse nos cursos impartidos pola escola.
  • Recoñecemento formal mediante a obtención dunha certificación.
  • Curso gratuíto “Formación en voluntariado en saúde mental”.
  • Contribuír á integración das persoas con discapacidade.
  • Aportar habilidades e capacidades prelaborais para a vida autónoma.
  • Realizar e organizar actividades (informática, estimulación cognitiva, memoria, manualidades, costura…)
  • Acompañamentos nos Respiros Familiares.
  • Traballar coas persoas participantes as habilidades sociais e autoestima.
  • Apoio na actividade de natureza.
  • Ensinanza e práctica de deportes coas persoas participantes.
  • Organización de festas ou videoforums.
  • Concienciar sobre a Saúde Mental e o medioambiente.
  • Campañas de sensibilización de información sobre a Saúde Mental.

E por suposto, propoñer novas actividades!

  • Amplias as túas oportunidades laborais.
  • Adquires novas experiencias.
  • Obtés unha certificación de experiencias voluntarias.
  • Gañas confianza en ti mesmo/a.
  • Estableces relacións persoais enriquecedoras.
  • Aumentas a confianza en ti mesmo e ás túas habilidades sociais.
  • Aportas diversión e plenitude á túa vida.
  • É unha actividade moi satisfatoria.
  • Chamando aos números  986 127 949 ou 698 142 158 de luns a venres en horario de 10:00-14:00 ou de 16:00 a 17:30 horas.
  • Cubrindo o formulario que aparece a continuación.

As nosas actividades están sempre abertas a túa participación. Estámoste agardando, a que esperas?

“O máis satisfactorio na vida é ser capaz de  dar gran parte dun mesmo aos demais”

Pierre Teilhard de Chardin.