Aquí poderás atopar as nosas últimas memorias e programacións, así como os resultados dos exercizos contables.

CONSULTA A NOSA MEMORIA 2018

CONSULTA A NOSA PROGRAMACIÓN 2019

Fondos públicos

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, do fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá a través do proxecto ECOÑECE. Este proxecto pretende dar unha resposta á inserción laboral e formación social a través do coñecemento e da formación medioambiental ao mesmo tempo que se promove a participación nestas actividades de colectivos desfavorecidos e se intervén na educación de nenos e nenas, coa finalidade de construír un mundo máis sostible.

Coñece o Xacobeo é un proxecto beneficiario do Programa O Teu Xacobeo subvencionado pola Xunta de Galicia, para fomentar un coñecemento e potenciación do Camiño de Santiago Portugués pola Costa a partir de actividades de dinamización sociocultural e medioambiental, sensibilizar e educar nunha maior conciencia medioambiental que fomente hábitos saudables de consumo e de convivencia e potenciar a integración de todas as persoas na comunidade a través da formación, especialización e de actividades de ocio saudable.

Fondos privados

Actualmente a entidade non conta con ningún tipo de financiación privada.

Colaboradores/as

Colaboramos cos seguintes ANPA’s e centros escolares levando a cabo actividades de horta escolar e educación ambiental

  • CEIP García Barbón
  • CEIP A Doblada
  • Colexio Apóstol Santiago
  • EEI Villalaura
  • Colexio Possumus
  • CEIP San Salvador de Teis