SELECCIÓN DE PERSOAL
Apertura de selección de persoal vinculada á posible concesión de fondos a
través da Subvención do Programa de Axudas Municipais para o Fomento do
Emprego do Concello de Vigo, dentro do Plan Local de Emprego 2018.
5 POSTOS DE TRABALLO
1. Educador/a ambiental. Código EA_2018
Requisitos:
 Persoa empadroada no Concello de Vigo con data anterior ao 1 de
xaneiro de 2016
 Posesión do CELGA 4
 Inscrición no Servizo Galego de Colocación
 Licenciatura/grao en bioloxía ou CC. Ambientais
 Título de monitor/a de actividades de tempo libre
 Carné de conducir e coche propio.
Tarefas:
– Actividades medioambientais con diferentes colectivos.
– Xestión e mantemento dunha horta ecolóxica e un viveiro.
– Dinamización dun espazo medioambiental
– Impartición formación en medioambiente.
– Respiros familiares e excursións.
Precísase dispoñibilidade horaria.
Contratación supeditada á concesión da subvención de Fomento do Emprego
por parte do Concello de Vigo. Duración prevista: 1 de xullo – 30 de setembro
2018
2. 1 posto de Auxiliar de Mantemento. Código AM_2018
Requisitos:
 Persoa empadroada no Concello de Vigo con data anterior ao 1 de
xaneiro de 2016.
 Inscrición no Servizo Galego de Colocación
 Discapacidade igual ou superior ao 33%
 Graduado escolar ou equivalente.
 Coñecementos e/ou experiencia demostrable en actividades
relacionadas con tarefas de mantemento
Tarefas:
– Realización de arranxos e tarefas de mantemento da entidade.
Contratación supeditada á concesión da subvención de Fomento do
Emprego por parte do Concello de Vigo. Duración prevista: 15 febreiro – 30
setembro 2018
3. 1 posto de Peón Xardineiro. Código PX_2018
Requisitos:
 Persoa empadroada no Concello de Vigo con data anterior ao 1 de
xaneiro de 2016.
 Inscrición no Servizo Galego de Colocación
 Discapacidade igual ou superior ao 33%
 Graduado escolar ou equivalente
 Coñecementos e/ou experiencia demostrable en actividades
relacionadas co medioambiente.
Tarefas:
– Actividades de xardinería e horta.
– Limpeza de espazos verdes.
– Mantemento dunha horta ecolóxica e un viveiro.
Contratación supeditada á concesión da subvención de Fomento do Emprego
por parte do Concello de Vigo. Duración prevista: 15 febreiro – 30 setembro
2018
4. 1 posto de Auxiliar de limpeza. Código AL_2018
Requisitos:
 Persoa empadroada no Concello de Vigo con data anterior ao 1 de
xaneiro de 2016.
 Inscrición no Servizo Galego de Colocación
 Discapacidade igual ou superior ao 33%
 Graduado escolar ou equivalente
Tarefas:
– Limpeza da entidade.
– Servir de apoio no referido á limpeza ás persoas con discapacidade da
entidade para a adquisición de aprendizaxes para unha vida autónoma.
Contratación supeditada á concesión da subvención de Fomento do Emprego
por parte do Concello de Vigo. Duración prevista: 15 febreiro – 30 setembro
2018
5. Monitor/a de actividades de tempo libre. Código MTL_2018
Requisitos:
 Persoa empadroada no Concello de Vigo con data anterior ao 1 de
xaneiro de 2016.
 Posesión do CELGA 4
 Inscrición no Servizo Galego de Colocación
 Título de monitor/a de actividades de tempo libre
 Formación e/ou experiencia en discapacidade
 Valorable formación específica en Saúde Mental
Tarefas:
– Organización de excursións e actividades ao aire libre.
– Respiros familiares.
– Organización de actividades de vida autónoma.
– Actividades de dinamización infantil e veciñal.
– Actividades de animación lectora e dinamización de biblioteca.
– Precísase dispoñibilidade horaria.
Contratación supeditada á concesión da subvención de Fomento do Emprego
por parte do Concello de Vigo. Duración prevista: 15 febreiro – 30 setembro
2018
Persoas interesadas, enviar correo a xarumaorg@gmail.com, indicando no
asunto o código da oferta máis o nome persoal, xunto coa seguinte
documentación:
– Currículo
– Certificado ou volante de empadronamento
– Tarxeta de demandante de emprego
Non se terán en conta os currículos que non cumpran os requisitos esixidos
nin envíen a documentación necesaria.
Tan só se admitirán propostas por esta vía.
Ata o 9 de febreiro inclusive para as contratacións que se pretenden iniciar
en febreiro.
Ata o 28 de xuño inclusive para as contratacións que se pretenden iniciar en
xullo.
As persoas solicitantes aceptan a utilización dos seus datos persoais pola
Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación cos
Sindicatos do Concello de Vigo, exclusivamente para os fins que se definen nas
bases de convocatoria da Subvención para o Fomento do Emprego de Entidades
sen ánimo de lucro, publicado no BOP do 5 de abril de 2016, cumprindo cos
requisitos establecidos no RD 1720/2007 do 21 de decembro polo que se aproba o
regulamento da Lei 15/1999 do 13 de decembro de protección de datos de
carácter persoal.

Se cres que o teu perfil encaixa na nosa entidade e queres facernos chegar o teu currículo, podes facelo enviando un correo electrónico a xarumaorg@gmail.com.

Tan só admitimos currículos por esta vía.