Traballa con nós

SELECCIÓN DE PERSOAL

Apertura de selección de persoal vinculada á posible concesión de fondos a través da Subvención do Programa de Axudas Municipais para o Fomento do Emprego do Concello de Vigo, dentro do Plan Local de Emprego 2017.

5 POSTOS DE TRABALLO

  1. Educador/a ambiental: Licenciado/a en Bioloxía ou CC. Ambientais

Código EA_2017

Requisitos:

    Persoa empadroada no Concello de Vigo con data anterior ao 1 de xaneiro de 2016

    Posesión do CELGA 4

    Inscrición no Servizo Galego de Colocación

    Titulación mínima esixida.

    Carné de conducir e coche propio.

Tarefas:

    Actividades medioambientais con diferentes colectivos. 

    Xestión e mantemento dunha horta ecolóxica e un viveiro. 

    Dinamización dun espazo medioambiental

    Impartición formación en medioambiente.

    Respiros familiares e excursións.

Precísase dispoñibilidade horaria.

Contratación supeditada á concesión da subvención de Fomento do Emprego por parte do Concello de Vigo. Incorporación prevista: Abril 2017.

 

  1. Técnico en participación. Código TP_2017

Requisitos:

    Persoa empadroada no Concello de Vigo con data anterior ao 1 de xaneiro de 2016.

    Posesión do CELGA 4.

    Inscrición no Servizo Galego de Colocación.

    Titulación no eido da educación (educación social, pedagoxía, maxisterio...)

    Título de monitor/a de actividades de tempo libre.

       Habilidades informáticas no uso de programas de ofimática, internet e edición fotográfica e de vídeo.

    Carné de conducir e coche propio.

Tarefas:

    Actividades de integración e rehabilitación psicosocial en Saúde Mental

    Actividades sociocomunitarias e de integración social e cidadá.

    Respiros familiares e excursións

    Impartición de cursos de formación relacionada co eido.

Precísase dispoñibilidade horaria.

Contratación supeditada á concesión da subvención de Fomento do Emprego por parte do Concello de Vigo. Incorporación prevista: Maio 2017.

 

  1. 1 posto de Auxiliar de Cociñeiro. Código AC_2017

Requisitos:

    Persoa empadroada no Concello de Vigo con data anterior ao 1 de xaneiro de 2016.

    Valoración posesión do CELGA 4

    Inscrición no Servizo Galego de Colocación

    Discapacidade igual ou superior ao 33%

    Graduado escolar

    Coñecementos e/ou experiencia demostrable en actividades relacionadas coa cociña

Tarefas:

         Procura de novas recetas.

         Apoio nas actividades de cociña levadas a cabo pola entidade.

         Contratación supeditada á concesión da subvención de Fomento do Emprego por parte do Concello de Vigo. Incorporación prevista: Abril 2017.

 

  1. 1 posto de Peón Xardineiro. Código PX_2017

Requisitos:

    Persoa empadroada no Concello de Vigo con data anterior ao 1 de xaneiro de 2016.

    Valoración posesión do CELGA 4

    Inscrición no Servizo Galego de Colocación

    Discapacidade igual ou superior ao 33%

    Graduado escolar

    Coñecementos e/ou experiencia demostrable en actividades relacionadas co medioambiente. 

Tarefas:

    Actividades de xardinería e horta. 

    Limpeza de espazos verdes. 

    Mantemento dunha horta ecolóxica e un viveiro.

Contratación supeditada á concesión da subvención de Fomento do Emprego por parte do Concello de Vigo. Incorporación prevista: Abril 2017.

 

  1. Monitor/a de actividades de tempo libre. Código MTL_2017

Requisitos:

    Persoa empadroada no Concello de Vigo con data anterior ao 1 de xaneiro de 2016.

    Posesión do CELGA 4

    Inscrición no Servizo Galego de Colocación

    Título de monitor/a de actividades de tempo libre

    Formación e/ou experiencia demostrables en actividades medioambientais.

    Formación e/ou experiencia demostrables en actividades infantís encamiñadas á lectura e á dinamización de bibliotecas. 

    Valorable formación en Saúde Mental

Tarefas:

    Actividades de  novas tecnoloxías e informática

    Respiros familiares e excursións

    Actividades de dinamización infantil e veciñal

    Actividades de animación lectora e dinamización de biblioteca. 

Precísase dispoñibilidade horaria.

Contratación supeditada á concesión da subvención de Fomento do Emprego por parte do Concello de Vigo. Incorporación prevista: Maio 2017.

 Persoas interesadas, enviar currículo ao correo xarumaorg@gmail.com, indicando no asunto o código da oferta, máis o nome persoal.

Non se terán en conta os currículos que non cumpran os requisitos esixidos. 

Tan só se admitirán propostas por esta vía.

Ata o 3 de abril inclusive para as contratacións que se pretenden iniciar en abril.

PRORROGADA A SELECCIÓN DO PERSOAL AUXILIAR DE COCIÑA ATA O 10 DE ABRIL

Ata o 28 de abril inclusive para as contratacións que se pretenden iniciar en maio.

 Recorda que temos na nosa entidade un servizo de orientación ao emprego á túa disposición! Punto EmpregARTE

As persoas solicitantes aceptan autilización dos seus datos persoais pola Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación cos Sindicatos do Concello de Vigo, exclusivamente para os fins que se definen nas bases de convocatoria da Subvención para o Fomento do Emprego de Entidades sen ánimo de lucro, publicado no BOP do 6 de marzo de 2017, cumprindo cos requisitos establecidos no RD 1720/2007 do 21 de decembro polo que se aproba o regulamento da Lei 15/1999 do 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal.