Nesta sesión aproveitaremos para falar sobre o uso das Tecnoloxías de Aprendizaxe para a Comunicación (TAC) e para a prevención de riscos e o uso responsable das mesmas.

O obradoiro contará con dúas partes:

1.Conceptos teóricos: Que son as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e as Tecnoloxías de Aprendixaxe para a Comunicación (TAC) e as súas diferenzas.

2. Que tipos de redes sociais hai. 

3. Uso seguro de Internet para menores (cal é a maioría de idade para utilizalo, o utilizamos ben?)

4. “Civerbullying” ou “Civeracoso”: Que é e como o podemos erradicar entre todes.

5. Dependencias: Inicialmente abordaremos o tema da “prevención das dependencias nas tecnoloxías” ofrecendo ferramentas para o seu bo uso e visibilizando esta realidade e problemática o mesmo tempo. A partir de aquí trataremos de maneira transversal outros tipos de adiccións que existen (drogas, xogo, compras…) para que as coñezan, e podamos ofrecer a oportunidade de xenerar pensamento crítico, dende idades temperás dotandoos de información que procure adquirir maior seguridade e poder de decisión.

Falar do “uso abusivo da tecnoloxía” facilita a iniciación dos nenos e nenas na Educación de Prevención en Dependencias. Exemplificando o concepto da “adicción” cara elementos que poden atopar no seu día a día (consolas, móbil e tablets), poden entender outros tipos de adiccións de maneira gradual. Este novo enforque transforma o modelo educativo utilizado ata agora, traballando en materia de prevención dende primaria e antepoñéndonos a situacións de risco na adolescencia.

6. Entrevista grupal radiofónica para dialogar e reflexionar sobre o falado anteriormente para que eles/as mesmos/as e os/as adultos/as podamos coñecer a súa opinión ao respecto e continuar avanzando na búsqueda educativa de solucións frente a esta complexa realidade.

Grupos: Educación Primaria, E.S.O e Bacharelato

Número de participantes: Máximo 25

Duración: 50 minutos

Se queres máis información podes enviarnos unha mensaxe o correo electrónico de Radio Maruxa