Voluntariado

E en Xaruma gústanos soñar!

Nós soñamos co unión, coa comunidade, con risas, coa integración, coa tranquilidade... Soñamos coa igualdade na diferenza. E coa sociedade como canle. 

E ti, atréveste a soñar?

Ofrecemos a posibilidade de actuar no noso programa de voluntariado nos proxectos NaturalMENTE y Mentalízate, e na organización ou desenvolvemento de diversas actividades de animación socio-cultural.

Levamos a cabo un programa que promove a integración socio-comunitaria de persoas con enfermidades mentais e menores en risco de exclusión social, por medio da realización de actividades de animación sociocultural, apoio escolar, promoción social, educación para a saúde e para o medioambiente.

"Dime e esquezo, ensíname e recordo, involúcrame e aprendo"

Benjamin Franklin

  • A posibilidade de participar na sociedade dende un traballo social con persoas con enfermidade mental ou menores.
  • Formación gratuíta e certificada en habilidades sociais, recursos, tempo libre... relacionada coas súa funcións.
  • O carné de persoa voluntaria.
  • Prioridade e facilidades para matricularse nos curso da Escola.
  • Servizo de orientación ao emprego e á formación.

  • Impartir clases de informática.
  • Acompañamento nas actividades a desenvolver.
  • Apoio na xestión do noso proxecto medioambiental: horta ecolóxica, viveiro e aula medioambiental. 
  • Ensinanza e práctica de deportes cos/a usuarios/as.
  • Acompañamento nos Respiros Familiares.
  • Impartición de clases de manualidades.
  • Organización de videoforums, festas....
  • Propoñer novas actividades.

Tardes dos luns a sábados, e sábados polas mañás, ademais dos Respiros Familiares e demais actividades puntuais.

As nosas actividades están SEMPRE abertas a túa participación

Contacta connosco a través do formulario de CONTACTO

Outras campañas: Amnistía Internacional 

Coa financiación da Consellería de Traballo e Benestar

axendavoluntariado
antigoseventos