Programaci贸n

En Xaruma seguimos traballando para cada ano ofertar algo máis, por iso aquí podes consultar a nosa programación 2016

O proxecto NaturalMENTE  pretende atender as demandas de usuarios e usuarias, promovendo a integración e o desenvolvemento integral das persoas con trastornos mentais na sociedade, aportando as habilidades necesarias para poder levar a cabo unha vida máis autónoma de cara a súa vida en comunidade, tanto para as persoas que directamente teñen enfermidade mental, como para as súa familia máis cercana, que na maioría dos casos exercen de familia coidadora. Ademais, tamén contempla a esfera medioambiental a través de actividades relacionadas co medio, como o mantemento e posta en marcha dunha horta e dun viveiro.

Mencionar tamén a colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia cofinanciada polo Fondo Social Europeo a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garntía Xuvenil, no ámbito do programa operativo de emprego xuvenil na Comunidade autónoma de Galicia.

O obxetivo xeral é potenciar a autonomía e favorecer hábitos prelaborais para a integración na comunidade de persoas con discapacidade a través de actividades rehabilitadoras e medioambientais de interese social, promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá  e unha formación medioambiental e social que sensibilice para o encontro social e a promoción da saúde.

Os resultados esperados son os seguintes:

1. As persoas con enfermidade mental ven aumentadas as súas habilidades e capacidades para levar unha vida autónoma.

2. A cidadanía entende a importancia do medioambiente na mellor saúde mental da sociedade.

3. As persoas con enfermidade mental son capaces de levar a cabo unha horta ecolóxica.

4. As persoas con enfermidade mental aumentan as súas habilidades sociais  e o seu ocio de cara á vida en sociedade.

5. Cativos e cativas entenden a importancia do coidado medioambiental.

6. A sociedade participa nas actividades formativas e de animación propostas.

 

 
 
 
 
Ademáis disto, outro dos nosos proxectos é a Dinamización da Biblioteca: un espazo adicado a animación infantil e o apoio escolar que está vixente todo o ano. Nel levamos a cabo actividades de apoio escolar, obradoiros, actividades medioambientais, contacontos... Sempre dentro dun ambiente lúdico, fomentando a educación en valores e o respecto entre todos e todas. 
 

A avaliación, lévanos e tomar a decisión de continuar nesta línea de traballo que nos marcamos co obxectivo do proxecto.

2016
2015
2014