En Xaruma seguimos traballando para cada ano ofertar algo máis, por iso aquí tes un pequeno resumo da nosa programación para este ano 2018.

O proxecto NaturalMENTE ten unha doble misión:

Por un lado, pretende atender as demandas de usuarios e usuarias, promovendo a integración e o desenvolvemento integral das persoas con trastornos mentais na sociedade, aportando as habilidades necesarias para poder levar a cabo unha vida máis autónoma de cara a súa vida en comunidade, tanto para as persoas que directamente teñen enfermidade mental, como para as súa familia máis cercana, que na maioría dos casos exercen de familia coidadora. Ademais, tamén contempla a esfera medioambiental a través de actividades relacionadas co medio, como o mantemento e posta en marcha dunha horta e dun viveiro.

Por outro lado, tamén pretende mellorar a empregabilidade e a inserción profesional de persoas non ocupadas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. Este obxectivo conséguese mediante a colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia cofinanciada polo Fondo Social Europeo a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito do programa operativo de emprego xuvenil na Comunidade autónoma de Galicia. Espérase mellorar as competencias profesionais de persoas xoves e/ou que acceden ao seu primeiro emprego, aportar experiencia laboral para a permanencia no mercado de traballo e crear profesionais sociais.

O obxetivo xeral do proxecto é potenciar a autonomía e favorecer hábitos prelaborais para a integración na comunidade de persoas con discapacidade a través de actividades rehabilitadoras e medioambientais de interese social, promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá  e unha formación medioambiental e social que sensibilice para o encontro social e a promoción da saúde.

Os resultados esperados son os seguintes:

1. As persoas con enfermidade mental ven aumentadas as súas habilidades e capacidades para levar unha vida autónoma.

2. A cidadanía entende a importancia do medioambiente na mellor saúde mental da sociedade.

3. As persoas con enfermidade mental son capaces de levar a cabo unha horta ecolóxica.

4. As persoas con enfermidade mental aumentan as súas habilidades sociais  e o seu ocio de cara á vida en sociedade.

5. Cativos e cativas entenden a importancia do coidado medioambiental.

6. A sociedade participa nas actividades formativas e de animación propostas.