Xaruma. org

Protección de Datos

  1. Política de privacidade

Asoc. Xaruma e ETL Xaruma informa os usuarios do sitio web sobre o seu política respecto do tratamento e protección dos datos de carácter persoal dos usuarios e clientes que poidan ser solicitados pola navegación ou contratación de servizos a través do seu sitio web. Neste sentido, Asoc. Xaruma e ETL Xaruma garante o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, reflectida na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Real Decreto 1720/2007, de 21 decembro, polo que se aproba o Regulamento de Desenvolvemento da LOPD. O uso desta web implica a aceptación desta política de privacidade.

  1. Recollida, finalidade e tratamentos de datos Asoc. Xaruma e ETL Xaruma ten o deber de informar os usuarios do seu sitio web acerca da recollida de datos de carácter persoal que poden levar a cabo, ben sexa mediante o envío de correo electrónico ou ao cumprimentar os formularios incluídos no sitio web. Neste sentido, Asoc. Xaruma e ETL Xaruma será considerada como responsable dos datos solicitados mediante os medios anteriormente descritos. Á súa vez Asoc. Xaruma e ETL Xaruma informa os usuarios de que a finalidade do tratamento dos datos solicitados contempla: A atención de solicitudes realizadas polos usuarios, a inclusión na axenda de contactos, a prestación de servizos, a xestión da relación comercial e a inscrición a cursos formativos e actividades de integración. As operacións, xestións e procedementos técnicos que se realicen de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, o almacenamento, a modificación, a transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais. Todos os datos persoais, que sexan recollidos a través do sitio web de Asoc. Xaruma e ETL Xaruma, e por tanto teña a consideración de tratamento de datos de carácter persoal, serán incorporados nos ficheiros declarados ante a Axencia Española de Protección de Datos por Asoc. Xaruma e ETL Xaruma.

 

  1. Comunicación de información a terceiros
    Asoc. Xaruma e ETL Xaruma informa os usuarios de que os seus datos persoais non serán cedidos a terceiras organizacións, coa excepción de que dita cesión de datos este amparada nunha obrigación legal ou cando a prestación dun servizo implique a necesidade dunha relación contractual cun encargado de tratamento. Neste último caso, só levará a cabo a cesión de datos ao terceiro cando Asoc. Xaruma e ETL Xaruma dispoña do consentimento expreso do usuario.

 

  1. Dereitos dos usuarios

A Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal concede aos interesados a posibilidade de exercer unha serie de dereitos relacionados co tratamento dos seus datos persoais. Sempre que os datos do usuario son obxecto de tratamento por parte de Asoc. Xaruma e ETL Xaruma. Os usuarios poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de acordo co previsto na normativa legal vixente en materia de protección de datos persoais. Para facer uso do exercicio destes dereitos, o usuario deberá dirixirse mediante comunicación escrita, achegando documentación que acredite a súa identidade (DNI ou pasaporte), á seguinte dirección: Asoc. Xaruma e ETL Xaruma, Apdo. de correos 3232, 36205 Vigo (Pontevedra) ou a dirección que sexa substituída no Rexistro Xeral de Protección de Datos. Dita comunicación deberá reflectir a seguinte información: Nome e apelidos do usuario, a petición de solicitude, o domicilio e os datos acreditativos.