Resolve as túas dúbidas
  • ¿ Que acreditación teñen os monográfico?

Coa realización dos cursos monográficos  XARUMA emite un certificado polas horas correspondentes.

 

  • ¿Cales son os requisitos para realizar un curso de monitor/a de tempo LIbre?

Ter 18 anos cumpridos e o graduado escolar.

  • ¿Que teño que facer antes de INICIAR as prácticas de monitor/a de tempo libre?

​Tendes que entregar o proxecto inicial das prácticas a realizar, xunto coa fotocopia do título de monitor/a-do titor/a de prácticas que os acompañará na entidade. Debe ser entregado ao inicialas (ou 7 días antes no caso de ser un campamento). Ver modelo no temario metodoloxía.Formato dixital. (identificar o documento co nome seguido da palabra proxectoprácticas2015 EX: manolitoproxectoprácticas2015).

  • Como pago as taxas do título de monitor/a de tempo libre  á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia?

Para obter as tres copias do pagamento das tasas do alumnado  tedes que seguir as instruccións abaixo detalladas e que nos remitiron dende a Xunta.

 

As indicacións para poder xerar o documento de pagamento de taxas: https://host.cixtec.es/EntradaOficinaVirtual/CIXTEC.dll/appdirect?app=Breixo-GeneraciondocumentosAI&tipo=D&op=B0005

Máis información no apartado de formación desta páxina http://xaruma.org/formarte.html

  • Despois de facer as prácticas do curso de monitor/a de  tempo libre cando xa son monitor/a  titulado?

Unha vez entregada toda documentación e pagadas as taxas da Xunta,  XARUMA remite o apto á Dirección  Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia quen nos remitirá a XARUMA o título,  e nós avisarémosvos para recollelo. Mentras se alguén o precisa XARUMA emitiría un certificado provisional acreditando que xa sodes/as monitores/as de tempo libre.