Resolve as túas dúbidas

LEXISLACIÓN

  • Cal é a normativa que rexe o tempo libre?

Atopámonos con diferentes normativas que rexen o tempo libre, das que destacamos:

Decreto 50/2000, de 20 de xaneiro,  polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude.

Decreto 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior.

Decreto 354/2003, de 16 de septiembre, polo que se regulan as ludotecas como centros de servizos sociais e se establecen os seus requisitos.

Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia.

Lei 45/2015, de 14 de outubro, de Voluntariado.

  • Vai sair unha nova normativa de tempo libre?

Si, dende o ano 2016 lévase traballando na creación dunha normativa que dea resposta ás novas necesidades tanto de actividades como formativas. É posible que vexa a luz ao longo do 2019, pero mentres tanto, podes seguirlle a pista na páxina de Xuventude.

  • Que pasará co meu título se se aproba unha nova normativa?

Se fixeches o curso nunha escola de tempo libre homologada, o teu título será igualmente válido.

FORMACIÓN

  • Cales son os requisitos para realizar un curso de monitor/a de actividades de tempo Libre?

Ter 18 anos cumpridos e o graduado escolar.

  • Cales son os requisitos para realizar un curso de director/a de actividades de tempo Libre?

Segundo o Decreto 50/2000, ter 18 anos cumpridos, titulación de grado superior ou bacharelato, ser monitor/a de actividades de tempo libre e acreditar unha experiencia como monitor/a de 250 horas ou 30 días de campamento e/ou colonias.

  •  Que acreditación teñen os monográficos?

Coa realización dos cursos monográficos a Escola de Tempo Libre Xaruma emite un certificado polas horas correspondentes, mais non teñen carácter oficial nin están regulados baixo unha lexislación concreta.

  •  Que teño que facer antes de INICIAR as prácticas de monitor/a ou director/a de tempo libre?

​Tes que entregar o proxecto inicial das prácticas a realizar, xunto coa fotocopia do título de monitor/a-do titor/a de prácticas que os acompañará na entidade. Debe ser entregado ao inicialas (ou 7 días antes no caso de ser un campamento). Ver modelo no temario de “Programación” Entregarase en formato dixital (identificar o documento co nome seguido da palabra proxectoprácticas2015 EX: manolitoproxectoprácticas2015).

  • Que teño que facer despois de REMATAR as prácticas de monitor/a ou director/a de tempo libre?

​Tes que entregar a memoria da labor realizada nas túas prácticas xunto co informe do/a titor/a, atoparás os modelos no teu CD. Recorda que a memoria non é un diario. Unha vez entregado á escola, esta dará o seu visto bo por correo electrónico, indicando se se procede ao pago das taxas ou hai algo que repetir.

  •  Como pago as taxas do título de monitor/a ou director/a de actividades de tempo libre  á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia?

Para obter as tres copias do pagamento das tasas do alumnado  tedes que seguir as indicacións para poder xerar o documento de pagamento de taxas. Deberedes remitir á escola a folla que pon “Para a Administración”

Máis información no apartado da escola desta páxina.

  •  Despois de facer as prácticas do curso de monitor/a de actividades de tempo libre, cando serei monitor/a ou director/a titulado?

Unha vez entregada toda documentación e pagadas as taxas da Xunta,  Xaruma remitirá o apto á Dirección  Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia quen enviará o título á escola. Avisarémosvos para recollelo cando chegue, normalmente no prazo de dous ou tres meses tras a súa solicitude. Mentres, se alguén o precisa, Xaruma poderá emitir un certificado provisional acreditando que xa sodes/as monitores/as ou directores/as de actividades de tempo libre, totalmente válido para traballar no eido.


Se non resolvimos as túas dúbidas, podes escribirnos a escola@xaruma.org, estaremos encontadas de darlles resposta.